Somos Festa é unha iniciativa que nace tanto con afán de facilitar un medio de transporte económico e seguro para chegar ás mellores e máis grandes festas de Galicia, como para eliminar as incomodidades que pode supoñer o desprazamento previo e póstumo á festa por medio dun vehículo propio. Deste xeito, queremos ofrecer un medio a través do cal a persoa que asista poida desfrutar da festa sen preocupacións. Polo tanto:

  • Proporcionar un medio alternativo para que todo o mundo teña como ir e como volver

  • Reducir o gasto económico que supón desprazarse ata a festa

  • Reducir a necesidade dun vehículo propio

  • Reducir a probabilidade de contraer un accidente na estrada

  • Reducir a cantidade de tráfico nas poboacións festeiras

  • Evitar a presenza de condutores baixo o efecto do alcol

  • Aumentar a comodidade e o desfrute da festa

Escríbenos para o que queiras: propostas, preguntas, queixas...